Instrucións para o alumnado
| Sitio: | IES Arcebispo Xelmírez II. Aula virtual |
| Curso: | IES Arcebispo Xelmírez II. Aula virtual |
| Libro: | Instrucións para o alumnado |
| Impreso por: | |
| Data: | venres, 19 de decembro de 2025, 8:37 PM |
1. Contas de usuario
Para poder acceder á aula virtual do centro é necesaria unha conta de usuario.
A principio de curso xéraselle unha conta de usuario a todo o alumnado de forma masiva, tamén se lle crea manualmente ao alumnado que se vai incorporando ao longo do curso.
2. Non me lembro do meu contrasinal
En ocasións esquecemos o noso contrasinal de acceso a esta aula virtual, para poder recuperalo é necesario ter informatizado un correo electrónico no noso perfil, para cubrilo/actualizalo prememos no ▼ da parte superior dereita, eliximos "Preferencias - Editar o perfil", escribimos no cadro "Enderezo de correo" un correo electrónico válido e prememos no botón "Actualizar o perfil"
Unha vez informatizado o correo electrónico, se esquecemos o contrasinal, para recuperalo, prememos en "Esqueceu o seu contrasinal?" no bloque "Acceso". Preme nesta ligazón para acceder a un titorial.
O correo electrónico ten outras utilidades, como estar informado da actividade da aula virtual cando non estamos conectados a ela, así recibimos aviso das mensaxes privadas que nos remiten e dos comentarios no foro (estes últimos son opcionais)
Non se atenderá a recuperación do contrasinal por ningunha outra canle.
3. Enviar unha mensaxe privada
- Seleccionamos a persoa
- A persoa é un/ha profesor/a ou un/ha compañeiro/a:
- Seleccionamos "IES AXII" enriba á esquerda.
- Eliximos o curso ao que pertence o/a profesor/a ou o/a alumno/a.
- No bloque "Navegación", prememos en "Participantes".
- Eliximos a persoa á que lle queremos mandar a mensaxe premendo sobre o seu avatar ou o seu nome.
- Prememos o botón
- Calquera persoa do centro:
- Prememos o botón
situado enriba á dereita.
- Eliximos "Nova mensaxe" no menú que se desprega.
- Prememos no botón
situado na parte de abaixo.
- Escribimos o nome da persoa no recadro "Busca un usuario ou curso" e seleccionamos a persoa ou, seleccionamos un dos nosos contactos.
- Escribimos a mensaxe no recadro "Escriba unha mensaxe...".
- Prememos en "Enviar".
4. Crear un documento pdf
Documentos pdf
Os arquivos pdf representan fielmente a un documento, de tal maneira, que se verá exactamente igual en calquera dispositivo no que o abramos, ademais é un arquivo comprimido, polo que ocupa menos espazo. Este formato é o máis axeitado para compartir información sen que esta sufra modificación, polo tanto, será o que empregues para subir tarefas na aula virtual, a non ser que se nos indique o contrario.
Os arquivos pdf poden crearse de distintas maneiras.
4.1. Crear un arquivo pdf co teléfono móbil
Se non dispoñemos dun ordenador ou tablet teremos que facer as tarefas nun caderno. Para poder dixitalizar nun pdf unha tarefa podemos empregar o teléfono móbil, pero non debemos sacar simplemente unha foto, teremos que escanear o documento, desta maneira o documento xerado será de mellor calidade, poderá ter varias páxinas e terá o formato pdf que precisamos.
Para que o pdf creado teña menos tamaño tamaño, configura a cámara de fotos do teu teléfono móbil coa resolución máis baixa que teña. A partir dunha resolución non obtemos mellor calidade en formato A4 e o documento aumenta considerablemente de tamaño, con 2 Mb é suficiente.
Teremos que descargar unha app que nos permita escanear o documento, na seguinte ligazón tedes varias opcións para elixir:
https://www.gestion.org/aplicaciones-para-escanear-documentos-con-el-movil/
4.2. Escanear un documento a pdf coa app Google Drive
Na seguinte ligazón tedes explicados os pasos para escanear un documento a pdf coa app Google Drive:
Escanear un documento a pdf coa app Google Drive
4.3. Crear un arquivo pdf cunha aplicación ofimática
Se dispoñemos dun ordenador ou unha tablet podemos escribir o documento co teclado.
A ferramenta de software libre LibreOffice incorpora varias aplicacións que nos permiten crear un pdf co documento que editemos. Para editar un documento de texto elixiremos Writer , para unha presentación Impress e para un póster Draw.
Se queremos modificar as fotos ou imaxes que teñamos en formato png ou jpg podemos usar a aplicación GIMP, pero se o único que queremos é gardar unha ou varias imaxes como pdf podemos usar calquera das aplicacións de LibreOffice.
Se non temos instaladas estas aplicacións, podemos descargalas dende:
Aplicación | URL |
Libreoffice | |
GIMP |
Libreoffice
Editamos os documentos coa aplicación que teñamos elixido, gardámolo no formato propio do programa: “odt” en writer, “odp” en Impress e “odg” en Draw, para poder modificalos posteriormente. A continuación eliximos a opción “Archivo – Exportar a pdf...” para gardar o arquivo en formato pdf.
GIMP
Despois de crear ou modificar a imaxe ou a foto con formato .png ou .jpg eliximos a opción “Archivo – Exportar como...”, no cadro de diálogo que se abre substituímos “.png” ou “.jpg” por “.pdf” no recadro “Nombre” e prememos “Exportar”, no novo cadro de diálogo que se abre eliximos de novo “Exportar”.
5. Tarefas
6. Conectarse a unha videoconferencia
Que necesito para conectarme a unha videoconferencia?
Indistintamente do dispositivo co que nos conectemos, é imprescindible ter unha wifi en casa, a videoconferencia consume bastante datos se nos conectamos a través do teléfono móbil.
Para seguer unha videoconferencia con un certo aproveitamento é preciso dispor dunha pantalla suficientemente grande, non precisamente para ver a todos os participantes, senón para poder ver a información que presenta o profesor/a na pantalla e o chat da conferencia.
A solución pasa por ter un dispositivo que convirta a nosa televisión nun smartTV, é dicir, que poidamos acceder a internet a través da súa pantalla.
Por un prezo razonable podemos mercar un dispositivo que conecta o teléfono móbil e a televisión a través da wifi e do conector HDMI da televisión. O dispositivo máis coñecido é Chromecast, pero hai outras alternativas con distintos prezos.
Este dispositivo tamén é unha opción cando se dispón dalgún dos aparatos citados na pregunta, pero se ten que compartir o uso con máis persoas.
Nos seguintes enlaces tedes información duns cantos destes dispositivos:
https://internetpasoapaso.com/alternativas-a-google-chromecast/
https://computerhoy.com/listas/tecnologia/mejores-alternativas-chromecast-2019-355873
https://www.adslzone.net/listas/gadgets/alternativas-chromecast/
Plataforma webex
No seguinte vídeo tes a información necesaria para acceder a unha videoconferencia cos teus profesores na plataforma webex. Para poder participar o teu profesor ou profesora ten que enviarche os datos de acceso.