E ti que prefires?
Requisitos do completado
Abertas: martes, 3 de decembro de 2019, 12:00 AM
Trátase dunha actividade na que os estudantes falan sobre as súas preferencias. Teñen que responder a preguntas do tipo " Preférirías ter a posibilidade de cambiar o pasado ou a de cambiar o futuro?" ou "Preferías ser guapo e pobre ou ser feo e rico?". Trátase, por tanto de utilizar preguntas que sexan estrañas, curiosas, cómicas e imaxinativas. Debemos deixar claro aos nosos estudantes que é necesario mollarse e ter que decantarse por unha das dúas opcións e xustificar a resposta. Poden empregar o guión do acuario.