IMPORTANTE: ESTUDO DE SAÚDE POSTURAL (10, 13 e 14 DE ABRIL)

Estimados alumnos e alumnas:

Como sabedes, durante as clases de Educación Física levaremos a cabo a toma de datos para o meu proxecto de investigación sobre a saúde cráneo-vertebral e a súa relación co uso de pantallas e o peso da mochila en adolescentes. A vosa colaboración é fundamental para entender como o uso do móbil e a carga das mochilas afectan á vosa postura cervical.

Que necesito que fagades para ese día? Para que as medicións sean científicamente válidas, é imprescindible cumplir estes requisitos (extraídos do protocolo de investigación):

  1. Mochila Real: Traede a vosa mochila habitual coa carga real de libros e material dese día. Non a vaciedes, xa que precisamos medir o peso real que transportades.

  2. Vestimenta: É preciso acudir con roupa deportiva de pescozo redondo amplio (que deixe libre a zona da base do pescozo/nuca) para poder identificar os puntos anatómicos.

  3. Cabelo recollido: Aquelas persoas co cabelo longo deberán traerlo recollido (coleta ou moño) para que o trago da orella (pequena protuberancia de cartilaxe situada no oído externo, xusto diante do conducto auditivo) sexa visible na fotografía de perfil.

  4. Autorización Firmada: Adxúntovos de novo o PDF do Consentimento Informado. Aqueles que aínda non o teñades entregado, debedes traelo firmado polos vosos pais/titores o primeiro día de clase tras as vacacións de Semana Santa. Sen este documento, por normativa ética, non poderedes participar.

Garantías do estudo:

  • Privacidade absoluta: Os vosos rostros serán pixelados nas fotografías e os datos trataranse de forma codificada (anónima).

  • Rapidez: A proba só vos restará 5 minutos da clase.

  • Voluntariedade: Participar non inflúe na vosa nota de Educación Física, pero a vosa axuda é vital para a ciencia e para que recibades o voso informe de saúde postural.

Moitas grazas polo voso compromiso coa investigación!

Antía Rodríguez Puime Investigadora GCAFD | Universidade de Vigo

Modifié le: dimanche 19 avril 2026, 17:04