Deus en ambos bandos

Deus en ambos bandos

par Pablo González García,
Nombre de réponses : 1

Ola profe, como xa dimos en clase, Kant, rexeita a idea de Deus no coñecemento sen embargo a volve aceptala na súa ética, isto se debe a que Kant non aceptar dogmas misterioso e irracionais na parte epistemolóxica, pero a engade na ética como valor moral común (entre outros) para que non actuemos coma nos peite? (espero que se me entenda)

En réponse à Pablo González García

Re: Deus en ambos bandos

par Luis Antonio Saldaña Villa,

Ola Pablo,

Vaiamos por partes, xa que é complexo (como todo en Kant).

  1. Kant rexeita a Deus no coñecemento porque -para Kant- as ideas de Deus, Liberdade e Alma pertencen ao ámbito nouménico (son ideas da razón, non cognoscibles) e polo tanto non poden ser obxecto de coñecemento.
  2. Por outra banda, afirma que o Ben Supremo = Virtude + Felicidade.
  3. Sen embargo, Kant dase conta que actuar cunha vontade boa (actuar moralmente) non ten porque garantir a felicidade no mundo fenoménico (no que habitamos). 
  4. Isto é un problema xa que promover unha moral que cause infelicidade (ou que non leve á felicidade) é -en argot popular- pegarse un tiro no pé. Quen vai seguir un código moral que o faga infeliz na súa vida ? Ninguén, e Kant é consciente disto.
  5. O que vai facer Kant e postular que o ser humano -como suxeito moral- non morre (a diferencia do suxeito empírico que sí morre). Como ? A través do concepto de alma (suxeito moral) que pertence ao ámbito fenoménico e é inmortal.
  6. E para que? Para xustificar a idea de que a vida non é máis ca un proceso de progreso moral a través da virtude ata acadar a armonía final entre virtude e felicidade --> BEN SUPREMO. Esta armonía non é acadable no mundo fenoménico, senón no nouménico grazas a alma (que é inmortal ) e Deus (que fai posible esta armonía).
  7. Por iso Kant, acepta a Deus na ética como garante e condición necesaria para que o ser humano alcance o Ben Supremo no ámbito do nouménico.
Non sei se respostei a túa pregunta. En caso contrario, pregunta o que necesites, para iso está o foro.