Influencias de Descartes

Influencias de Descartes

por Luis Antonio Saldaña Villa -
Número de respostas: 0

Eu, persoalmente, consideraría fundamentalmente como influencias de Descartes a Suárez, Montaigne e, opcionalmente, Beeckman (este é un filósofo - matemático que vai dirixir a Descartes a adoitar unha perspectiva lóxico - matemática das ciencias empíricas) e Galileo (matematización da natureza). Este último é algo problemático xa que Descartes o vai criticar nas súas cartas por edificar a ciencia sen unha base metafísica sólida (que el perseguía como cimiento do seu proxecto cartesiano), aínda que vai a admirar abertamente a súa idea de matematización da natureza.

Outros, son máis problemáticos. Me explico:

Descartes admite que o xerme da idea do cogito é de San Agustín (me equivoco, logo existo),e non nega a coincidencia nas súas cartas privadas, pero sí toda influencia na súa obra. Con Platón hai fortes similitudes, comezando polo dualismo antropolóxico e a alma (a mente cartesiana ou res cogitans) como facultade intelectiva, pero, unha vez máis nega toda influencia.  Con Tomé de Aquino tamén hai similitudes a nivel terminolóxico (non debemos esquecer que tivo unha educación escolástica), pero de novo, non hai unha evidencia por parte do autor que confirme tal influencia.

Polo tanto, e non me enrollo máis, eu consideraría sobre todo a Montaigne (escepticismo, duda) e a Suárez, sendo Galileo e Beeckman máis opcionais.

Boa noite e moito ánimo co exame do xoves.