Boas tardes Luis,
Perdoa polas molestias e agardo que esteas desfrutando dun bo Nadal.
Creo que no test hai dúas preguntas mal, posto que na pregunta 16 ("Locke é considerado o fundador de") pon como resposta correcta o marxismo, mais Locke é, agardo non equivocarme, considerado o creador do liberalismo político (que eu marquei e o test deume a resposta como incorrecta).
O mesmo ocorre coa pregunta 17, na que o test conta como resposta correcta que para Hume todo coñecemento válido procede da lóxica formal (e deume como incorrecta a resposta "a experiencia sensible").
Ademais, na diapositiva 23 da presentación de Descartes aparecen como racionalistas Hume, Locke e Berkeley (supoño que será polo copia-pega).
Moitas grazas e perdoa as molestias durante as vacacións, e espero non estar equivocada.