Tiña a dúbida sobre se o concepto de ousía (entendida como substancia primeira en concreto) e o morphé non son o mesmo.
O ser é substancia, dividida en substancia primeira e substancia segunda. A substancia primeira ou ousía é o individuo concreto ( a diferencia da segunda, que é a esencia e o universal común a unha especie/xénero). Por outra banda, teño apuntado que "morphé" é a forma individual ou o xeito en que se dispón a materia, empregada con este significado na teoría hilemórfica. Son o mesmo concepto este e a ousía? Non é precisamente o individuo concreto a forma en que se dispón a materia?
O único modo en que podo "reconciliar" estas ideas é coa seguinte afirmación:
A ousía é a substancia primeira e é o individuo concreto. O individuo concreto está composto de materia (hyle) e forma (morphé). O morphé é a forma individual, física, en que se dispón a materia respectando a esencia (deutero ousía), o universal. Como esta esencia é común aos individuos da mesma especie, e é a materia (hyle) o que os diferencia e non a forma (morphé).
É dicir: se a deutero ousía é a esencia de "humano", e a ousía é, por exemplo, a persoa "Sócrates"; a disposición física: o seu corpo, con extremidades, pelo, pel, etc. é a morphé.
É incorrecta?
Supoño que a confusión provén de que tanto "substancia" en xeral como "substancia primeira" son denominadas ousía.
Sinto calquera afirmación disparatada que puidesen facer, sei que probablemente é unha pregunta evidente.
Desculpa as molestias e boa fin de semana.