Sorteo prazas viaxe Bilbo-Atapuerca

Sorteo prazas viaxe Bilbo-Atapuerca

par Irma Silva Hervella,
Nombre de réponses : 0

Como sabedes, para a viaxe a Bilbo-Atapuerca contamos cun total de 45 prazas. Ao seren superiores as persoas interesadas en participar na actividade que o número de prazas, procederemos a realizar un sorteo entre o alumnado inscrito. Neste sorteo non entrarán os/as alumnos/as con praza adxudicada para a viaxe á neve, que pasarán directamente a formar parte da lista de agarda.

O sorteo realizarase o martes 21 de outubro en presenza de representantes de todos os grupos de 1º de Bacharelato no despacho de Vicedirección.

Unha vez realizado o sorteo, publicarase o resultado neste mesmo curso da Aula Virtual. Daráselle ao alumnado con praza na viaxe un período de tempo para renunciar á praza ou realizar o 1º pagamento da viaxe e confirmar así a súa asistencia. 

Así mesmo, as persoas inscritas que quedasen sen praza pasarán a configurar a lista de agarda, na que a asignación por postos será tamén sorteada.