CONTIDOS TEÓRICOS DE 3º ESO
Neste primeiro trimestre traballaremos contidos relacionados coa Condición Física relacionados coa Saúde (RESITENCIA e FLEXIBILIDADE), a súa valoración e adestramento, Relacionándoa cos sistemas e aparellos do corpo humán que estudiastes na materia de Bioloxía de 3º ESO.
Aprenderemos o que é a hixiene postural (posicións corporais axeitadas), tanto na actividade física habitual como na nosa vida cotiá. Por último, se nos dera tempo antes do Nadal, aprenderemos sobre primeiros auxilios e Soporte Vital Basico.
1. CONTIDOS TEÓRICOS
1.2. Valoramos a Condición Física
A través de test cuantitativos e medicións corporais, o alumnado valorará a súa resistencia aeróbica e a súa flexibilidade.
Déixovos aquí un dos baremos que podedes atopar en internet sobre cada unha destas probas.
- O Test de Cooper podedes facelo vós en calquera sitio que teña marcadas as distancias (Castrelos) ou, os que teñades, utilizando a vosa pulseira de actividade ou reloxo intelixente, os que o teñan.
- A Course Navette a faremos a finais do trimestre, xunto cas probas de 4º ESO e o resultado de partida é o do curso pasado. Tedes que superalo asi que, saíde a crrer dentro do voso plan de adestramento deste curso, como xa vos dixen na aula no primeiro mes.
- Test de wells (sit and reach),servirá a mesma que fagades nas probas de 4º ESO , tedes 3 intentos e eu anotarei o mellor. Non vos esquezades de quedar 2 segundo aguantando a posición e non flexionar os xeonllos.
Lembrade que o valor non significa NOTA.
A finalidade da realización do test non é obter máis ou menos nota,
senón que coñezades cal é o voso nivel de condición física (neste caso
da RESISTENCIA) comparado con alumnos e alumnas da vosa idade.
É
interesante que comparedes cos vosos compañeiros e compañeiras para ser
conscientes aínda máis da realidade máis próxima a vós e podades tomar
medidas para mellorala.
- Baremo test FLEXIBILIDADE (Test de wells)
- Baremos test RESISTENCIA