CONTIDOS TEÓRICOS DE 3º ESO

Sitio: Aula Virtual do IES Alexandre Bóveda
Curso: Alumando coa materia pendente de EF | 3º ESO
Libro: CONTIDOS TEÓRICOS DE 3º ESO
Impreso por: Usuario convidado
Data: xoves, 2 de abril de 2026, 6:34 AM

Descrición

Neste primeiro trimestre traballaremos contidos relacionados coa Condición Física relacionados coa Saúde (RESITENCIA e FLEXIBILIDADE), a súa valoración e adestramento, Relacionándoa cos sistemas e aparellos do corpo humán que estudiastes na materia de Bioloxía de 3º ESO.

Aprenderemos o que é a hixiene postural (posicións corporais axeitadas), tanto na actividade física habitual como na nosa vida cotiá. Por último, se nos dera tempo antes do Nadal, aprenderemos sobre primeiros auxilios e Soporte Vital Basico.

1. CONTIDOS TEÓRICOS

Aquí poderedes atopar todos os contidos teóricos que precisades consultar para poder facer as tarefas e superar a materia.

1.1. Sistema Osteoarticular

Aquí poderedes coñecer os planos de movemento e o tipo de movemento (necesario para poder explicar os movementos que facemos). Tamén explicamos qué é unha escordadura (esguince) e cales son os primeiros auxilios a ter en conta. O resto do tema (ósos, articulacións, columna vertebral, etc) , son contidos vistos en ciencias naturais de primaria e de 3º ESO un pouco máis amplos.

1.2. Valoramos a Condición Física

A través de test cuantitativos e medicións corporais, o alumnado valorará a súa resistencia aeróbica e a súa flexibilidade.

Déixovos aquí un dos baremos que podedes atopar en internet sobre cada unha destas probas.

  • A Course Navette a faremos a finais do trimestre, xunto cas probas de 4º ESO e o resultado de partida é o do curso pasado. Tedes que superalo asi que, saíde a crrer dentro do voso plan de adestramento deste curso, como xa vos dixen na aula no primeiro mes.
  • Test de wells (sit and reach),servirá a mesma que fagades nas probas de 4º ESO , tedes 3 intentos e eu anotarei o mellor. Non vos esquezades de quedar 2 segundo aguantando a posición e non flexionar os xeonllos.

Lembrade que o valor non significa NOTA. A finalidade da realización do test non é obter máis ou menos nota, senón que coñezades cal é o voso nivel de condición física (neste caso da RESISTENCIA) comparado con alumnos e alumnas da vosa idade.

É interesante que comparedes cos vosos compañeiros e compañeiras para ser conscientes aínda máis da realidade máis próxima a vós e podades tomar medidas para mellorala.

O único obxectivo é que coñezades cal é o voso nivel de condición física (neste caso da vosa resistencia aeróbica) comparados con persoas da vosa idade ou a que se considera que vos corresponde por idade.
Lembrade que a nota obtense traballando na aula!!!

1.3. Correr saudablemente

Tratamos as características básicas da resistencia, así como os seus métodos de adestramento para deseñar e desenvolver un programa básico de mellora da mesma. Asemade, relacionámola cos sistemas e aparatos do corpo humán.

Teoría RESISTENCIA

Teoría RESISTENCIA (Vídeo 1)

1.4. Son flexible, minimizo a dor I

Tratamos as características básicas da flexibilidade, así como os seus métodos de adestramento para deseñar e desenvolver un programa básico de mellora da mesma.  Asemade, relacionámola cos sistemas e aparatos do corpo humán.

Teoría FLEXIBILIDADE