Ir ao contido principal
AV
  • Inicio
  • Calendario
  • Máis
Galego ‎(gl)‎
English ‎(en)‎ Español - Internacional ‎(es)‎ Français ‎(fr)‎ Galego ‎(gl)‎
Neste momento está usando o acceso para convidados
Acceder
AV
Inicio Calendario
Expandir todo Contraer todo
  1. Taboleiro
  2. EF | 4º ESO
  3. UD 6: O Voleibol
  4. Tarefa para o alumnado lesionado ou cunha situación persoal que non lle permita facer a/s proba/s práctica/s

Tarefa para o alumnado lesionado ou cunha situación persoal que non lle permita facer a/s proba/s práctica/s

Requisitos do completado
Abertas: domingo, 14 de xuño de 2026, 12:00 AM
Pendente: domingo, 21 de xuño de 2026, 10:00 PM

TRABALLO DE AMPLIACIÓN SOBRE O VOLEIBOL COMO DEPORTE ADAPTADO

Pasos para a elaboración da tarefa:

1º Elaboración da presentación sobre o Voleibol sentado

2º Guión da exposición (opcional: se o facedes de xeito individual e obrigatorio se o facedes en grupo).

3º Exposición ao profesor

A / ELABORACIÓN DA PRESENTACIÓN

Elaborade unha presentación sobre o VOLEIBOL SENTADO (Sitting Volleyball) onde desenvovades os seguintes contidos:

  1. Un pouco de historia e a súa relación cos Xogos Paralímpicos.
  2. O terreo de xogo, balon, rede, composición dos equipos, situacións de xogo,...
  3. Resumo das regras de xogo:
    • O que está permitido según o regulamento.
    • O que non está permitido según o regulamento.
  4. A técnica e a táctica. Os Sistemas de xogo. 
  5. Diferenzas que observas co Voleibol en pista ou praia.
  6. Conclusión persoais.
  7. Webgrafía: fontes consultadas e IA utilizadas (cos prompts utilizados para cada tarefa que lle encomendedes) .

CRITERIOS DE CALIFICACIÓN DA PRESENTACIÓN-DOCUMENTO PRESENTADO

Valorándose os seguintes apartados:

1) Presentación e calidade do traballo presentado: (1,5 PUNTOS)

Valorarase tanto a nivel visual como de contido e deberá conter como mínimo:

    • Portada. Cos nomes e apelidos do/s elaborador/es e máis o curso e grupo.(0,1 PUNTOS)
    • Índice (0,3 PUNTOS)
    • Desenvolvemento dos contidos requeridos (0,5 PUNTOS)
    • Conclusión persoais (0,3 PUNTOS)
    • Webgrafía e fontes de información utilizadas. (0,2 PUNTOS)
    • A presentación en prazo no aula virtual: (0,1 PUNTOS)

Nomeando o voso arquivo que ides a presentar no aula virtual coa seguinte estructura: 

"Presentación de Voleibol Sentado de [nomes e apelidos dos compoñentes do grupo separados por comas] do Curso de [...] da ESO  do Grupo [...]. pdf" 

*Podedes no mesmo documento incluir a ligazón á plataforma de presentacións que utilizedes (Canva, Google presentacións, Prezi,..) para elaborala. Isto é interesante por se queredes incluir vídeos, transicións e animacións, xa que o arquivo que achegedes ao aula virtual na entrega ten que ser en formato pdf.

2) Desenvolvemento dos contidos cos apartados requeridos. (1,5 PUNTOS)

3) Conclusión persoais: Este apartado é de especial importancia a nivel individual. (2 PUNTOS)

 B/ EXPOSICIÓN DA PRESENTACIÓN

Expoñeredes despois da súa elaboración ao profesorado da materia.

CRITERIOS DE CALIFICACIÓN DA EXPOSICIÓN

Valorándose os seguintes apartados: (2 PUNTO/APARTADO)

  1. Desenvolvemento de todos os contidos da presentación. E, de ser o caso, nun traballo en grupo debedes especificar no guión da exposición quen vai a expoñer cada parte do traballo.
  2. Claridade na exposición de conceptos e ideas: ter claras as ideas eixos e conceptos chave, deixando claro que sabemos do que estamos a falar.
  3. Capacidade de síntese: Isto e válido tanto para a exposición como na presentación. As veces menos é máis.
  4. Apoio de recursos visuais e xestualidade corporal: coordinada coa exposición oral.
  5. Dicción correcta: co ton e volume axeitado, intercalando pausas, mirando cara ao/s interlocutor/es e  de ser posible sen ler o documento  (aínda que poderedes apoiaros nun guión-resumo que entregaredes ao final da exposición).
  6. Respostas axeitadas a/s pregunta/s finais: ao final da vosa exposición terdes que respostar a algunha pregunta sobre a vosa exposición.

Neste momento está usando o acceso para convidados (Acceder)
Resumo da retención de datos
Políticas
Obter a apli móbil
Fornecido por Moodle