TAREFA DESTA SEMANA
TRABALLO INDIVIDUAL
PODEDES ENTREGALO ONLINE O PRESENCIALMENTE Ó MEU REGRESO.
Consiste en construir 3 triángulos de diferente tipo segundo os seus lados: un escaleno, outro isósceles e outro equilátero.
O equilátero xa sabedes como se debuxa con regra e compás. O resto trázanse de xeito moi similar, pero cambiando a medida. Tedes un vídeo para aprenderdes a facelo.
Ligazón do vídeo
https://www.youtube.com/watch?v=PWmv8jRz-gs
Estes tres triángulos tedes que colocalos nunha lámina DIN A4 en forma de estrela, de xeito radial, no centro do papel.
Hai que corear estes triángulos e mais o fondo: os triángulos levan cores en harmonía e estas contrastan coa cor do fondo. É o mesmo que estades a facer coa lámina de Nadal, de feito, o obxectivo é practicar.
Moito ánimo.
- 8 de febreiro de 2026, 11:14 PM