Section outline

  • Por mor do meu confinamento obrigado, teredes nesta sección as novas sobre apuntes e traballos a realizar esta semana.

    Para este luns 11 estaredes co traballo dos triángulos. Recordade que debedes manter a distancia de seguridade, o lavado de mans antes, despois de, e cando manexades materiais e antes e despois desinfectar o voso pupitre e cadeira. Podedes realizar o voso traballo individualmente, de xeito que haxa dúas tarefas posibles por parella: un que realiza o deseño con triángulos e outra que o copia e/ou corea.

    Para o mércores, ou venres, dependendo do grupo en que esteades, traballaredes con dous conceptos novos:

    Harmonía: cando as cores son parecidas, coma o azul purpurino e o azul cyan.

    Contraste: cando as cores son moi diferentes, caso do violeta e o amarelo.

    Cando dúas cores forman negro (se mesturamos pinturas) ou branco (se mesturamos luces de cores), falamos de cores complementarias.

    O mesmo 11 de xaneiro partillarei a proposta dun novo traballo. O mércores ou venres escomezarán con el todos e todas aquelxs que remataron coa súa tarefa dos triángulos. 

    • A explicación vale para calquera tipo de triángulo. Así poderedes rematar correctamente a tarefa desta semana, na que tedes que debuxar tres triángulos: un escaleno, un isósceles e un equilátero.

    • Abertas: luns, 11 de xaneiro de 2021, 12:00 AM
      Pendente: mércores, 3 de febreiro de 2021, 12:00 AM