Section outline

  • portada UD1 4 ESO



    • etiqueta Contidos

    • Esto é o que debes coñecer e saber de cursos anteriores. Lelo e compréndeo, se non vai ser difícil que poidas seguir as clases de EF neste curso. Se eres novo no centro e non o viches ou tes algunha dúbida, pregúntao na aula canto antes (nas dúas primeiras semanas), non esperes ó final da avaliación ou xa non haberá tempo. 

    • TEST DE VALORACIÓN DA CONDICIÓN FÍSICA E BAREMOS

      Déixovos aquí un dos baremos que podedes atopar en internet sobre cada unha destas probas.

      Antes de nada deberemos saber o nosas condicións de partida para iso faremos nas primeiras sesións medicións e probas sinxelas para coñecelo:

      • Ficha1: Medicións morfolóxicas, o noso índice de masa corporal e noso índice de cintura-cadeira,...
      • Ficha 2 Medicións fisiolóxicas, ou como se adapta o noso corazón aos esforzos inducidos polo exercicio físico.

      Farédela por parellas e anotaredes os vosos resultados para dictarmos tan pronto rematedes. TRAEDE UN BOLÍGRAFO E UNHA FOLLA PARA FACELO.

      • Test de wells (sit and reach), a faremos nesta semana, tedes 3 intentos e eu anotarei o mellor. Non vos esquezades de quedar 2 segundos aguantando a posición e non flexionar os xeonllos.
      • Forza resistencia do Tronco: faredes tan só un intento. Realizaredes a proba todos á vez e proxectarei un cronómetro na parede para que controledes o tempo. Tan pronto caiades ao chan ou vos dea dous avisos de que o estades facendo mal, deberedes abandonar e fixarvos no tempo transcurrido que me direis ao final para anotalo. Lede ben as indicacións da proba e practicádea na casa, previo á execución na aula, para non ter dúbidas.
      • Forza resistencia do tren inferior (pernas): Faredes tan só un intento e teredes que saltar cos pés xuntos durante un minuto, pasando os mesmos por enriba dun banco sueco, agarrando este coas dúas mans. Lédeo ben na casa antes de facer a proba na aula)
      • Forza resistencia do tren inferior (pernas): Dominada mantida na posición que se indica no test suxeto á espaldeira, suspendido sen tocar cos pes en ningures. Tan pronto se toca cos pés ou co mentón no chan ou na barra, párase o cronómetro e comeza o cronómetro cando se estea na posición cos brazos flesxionados coas palmas cara adiante e o mentón por enriba da barra, sen tocar a mesma.

      Lembrade que o valor non significa NOTA. A finalidade da realización do test non é obter máis ou menos nota, senón que coñezades cal é o voso nivel de condición física (neste caso da FORZA RESISTENCIA e da FLEXIBILIDADE) comparado con alumnos e alumnas da vosa idade.

      É interesante que comparedes cos vosos compañeiros e compañeiras para ser conscientes aínda máis da realidade máis próxima a vós e podades tomar medidas para mellorala.

      Cando repitamos as probas ao final da avaliación poderedes coñecer se mellorastes. Se fixestes caso ó explicado e traballado na aula e a voso traballo fóra da aula, veredes a vosa evolución.

      O único obxectivo é que coñezades cal é o voso nivel de condición física (neste caso da vosa forza resistencia e a vosa flexibilidade) comparados con persoas da vosa idade ou a que se considera que vos corresponde por idade.

      Lembrade que a nota obtense traballando na aula!!! 

    • etiqueta Tarefas

    • Abertas: martes, 21 de outubro de 2025, 8:45 AM
      Pendente: domingo, 9 de novembro de 2025, 10:00 PM

      Preme no ligazón para acceder o formulario:

      Formulario | FICHA MÉDICA 25-26

      fichamedicaEF4ESO

      Cubrídea coa vosa nai, pai ou titor legal (deberá de poñer o seu DNI o final como asinante).

      Unha vez cuberto o formulario non esquezas de premer no botón de "ENVIAR".

      Despois accede a esta tarefa e escribe "FEITO ou ENVIADO" para que conste como entregada a tarefa.