Mi dieta cojea
Blog sobre alimentación e ciencia escrito por Aitor Sánchez, tecnólogo dos alimentos e divulgador que tamén participa en programas radiofónicos como colaborador en 'Esto me suena. Las tardes del ciudadano García' de RNE ou en 'Lo mejor que te puede pasar' de Melodía FM.
No seu libro 'Mi dieta cojea. Los mitos sobre nutrición que te han hecho creer' desminte moitas das crenzas en torno á nutrición que todos escoitamos a miúdo e que proceden da falta de información rigurosa ó respecto. En 'Mi dieta ya no cojea. La guía práctica para comer sano sin complicaciones' aporta pautas sinxelas para unha alimentación saudable cun tono desenfadado e moi moi ameno.
Tamén podes atopalo en redes sociais:
Instagram: @midietacojea
Canle de YouTube: Mi dieta cojea