DIVULGACIÓN CIENTÍFICA
-
DIVULGACIÓN CIENTÍFICA
Neste apartado atoparás diferentes blogs, canais de youtube, contas de Twitter, etc. onde fantásticos científicos nos contan dunha forma moi amena diferentes aspectos da Bioloxía, a Química, a Física, etc.
-
Deborah Bello é unha química galega que se adica a explicar diferentes fenómenos e curiosidades científicas cunha linguaxe amena pero sen perder rigor científico.
Ademais de participar en programas de TV como 'Aquelando' na TVG, 'Órbita Laika' en TVE ou en diferentes espacios de La Sexta, tamén ten varios libros publicados:
- '¡Que se le van las vitaminas! Mitos y secretos que sólo la ciencia puede resolver
- 'Todo es cuestión de ciencia'
- 'No tocar. Ciencia contra la desinformación en la pandemia COVID-19'
Se che gusta o seu blog, tamén podes seguila en redes sociais:
Instagram: @deborahciencia
Canle de YouTube: 'Deborahciencia'
-
Sandra Ortonobes é a creadora de 'La Hiperactina', un proxecto de divulgación científica co que pretende compartir información divulgativa sobre o corpo humano e a biomedicina. No seu libro '¿Qué puede salir mal? Cómo sobrevivir en un mundo que intenta matarte', amosa como o noso organismo se enfrenta a numerosos obstáculos desde o momento mesmo da súa concepción, despois da fecundación, cando non é máis que unha célula.
Podes seguila en redes sociais:
Instagram: @lahiperactina
Canle de YouTube: 'La Hiperactina'
-
Blog con artigos de divulgación sobre bioquímica, xenética, microbioloxía, etc. Moi interesante para consolidar ou ampliar varios dos contidos do curso.
Redes sociais:
Instagram: @elgencurioso
Canle de YouTube: El gen curioso
-
Blog sobre alimentación e ciencia escrito por Aitor Sánchez, tecnólogo dos alimentos e divulgador que tamén participa en programas radiofónicos como colaborador en 'Esto me suena. Las tardes del ciudadano García' de RNE ou en 'Lo mejor que te puede pasar' de Melodía FM.
No seu libro 'Mi dieta cojea. Los mitos sobre nutrición que te han hecho creer' desminte moitas das crenzas en torno á nutrición que todos escoitamos a miúdo e que proceden da falta de información rigurosa ó respecto. En 'Mi dieta ya no cojea. La guía práctica para comer sano sin complicaciones' aporta pautas sinxelas para unha alimentación saudable cun tono desenfadado e moi moi ameno.
Tamén podes atopalo en redes sociais:
Instagram: @midietacojea
Canle de YouTube: Mi dieta cojea
-
Big van ciencia é o proxecto dun grupo de investigadores interesados pola divulgación científica. Nela podedes atopar diversas actividades que realizan neste sentido. Dentro da páxina podedes acceder ó blog, onde publican artigos divulgativos de múltiples temáticas relacionadas coas ciencias aplicadas.
Teñen publicados varios libros de divulgación, entre os que se atopan os seguintes (entre outros):
- 'Tenemos menos genes que un brócoli... y se nota' de Helena González Burón.
- 'Cómo explicar genética con un dragón mutante'
- 'Si venimos del mono, ¿por qué somos tan cerdos?'
Se che gustan, podes seguilos tamén en RRSS:
Instagram: @bigvanciencia
Canle de YouTube: Big Van Ciencia
-
Ignacio López-Goñi, microbiólogo da Universidade de Navarra, achéganos neste blog ó mundo dos microorganismos dunha forma divertida e amena e cunha linguaxe accesible a todos e todas.
Ademais de neste blog, tamén escribe artigos sobre microbioloxía noutras páxinas de divulgación científica como 'Naukas' ou 'El rincón de Pasteur', un SciLog da revista Investigación e Ciencia.
É autor de varios libros de divulgación sobre microorganismos e enfermidades infecciosas:
- 'Microbiota. Los microoganismos de tu cuerpo'
- 'Preparados para la próxima pandemia. Reflexiones desde la ciencia'
Podes seguilo tamén noutras redes sociais:
Instagram: @microBIOblog
Canle de YouTube: Ignacio López-Goñi
-
Blog de divulgación científica nos ámbitos da xenética, biotecnoloxía, evolución, etc. escrito por varios xoves doctorandos e científicos que nos trasladan o seu coñecemento dunha forma moi amena e divertida.
Perfil de X: @Pulgar_Panda
-