Modificación dos criterios de avaliación

Modificación dos criterios de avaliación

por Lorena Del Palacio Rodríguez -
Número de respostas: 0

Boa tarde.

Dacordo co falado na clase do día 29 de Xaneiro de 2025, proponse a modificación dos criterios de cualificación da materia a partir da data sinalada, quedando como se describe a continuación:

Probas escritas: 95%

Test de repaso dos temas: 5 %

Non se terán en conta as cualificacións das probas competenciais realizadas na 2ª avaliación.

Se alguén se opón ó cambio, por favor, que deixe un comentario de resposta a esta entrada no foro antes do próximo luns día 10. En caso de ausencia de resposta, enténdese que TODOS estades dacordo co cambio proposto.

IMPORTANTE: Esta proposta de cambio ten que ser adoptada por unanimidade; polo tanto, con que tan só un de vós se opoña, será suficiente para revocala e continuar cos criterios de cualificación que se determinaron a principio de curso.

Un saúdo.