Apuntamentos
Apuntamentos para traballo offline
Conceptos: condición física y condición motriz
Existe un certo confusionismo entre os termos condición e aptitude do mesmo xeito que o que sucede entre habilidade e aptitude. Barbany, J. E os seus colaboradores sinalan que para evitar confusionismo, pode empregarse o termino aptitude para o ámbito educativo-recreativo e o termino condición para o deportivo. Nesta liña parece estar o consello de Europa xa que elaboro unha batería de probas para a valoración da aptitude física da poboación escolar (Eurofit).
Con todo a aptitude é a capacidade que teño para realizar unha cousa, é algo innato e, cando se fala de condición estamos a referirnos á capacidade de mellorar co tempo, de poder desenvolver un traballo encomendado.
O concepto de condición física introduciuse no campo da Ed. Física a principio de século, despois dunhas probas levadas a cabo por Lian en 1916 coa finalidade de tipo hixiénica, prevención da saúde, orientada cara ás actividades normais.
Os seguintes pasos encamiñáronse a desenvolver os aspectos que parecían mellorables co adestramento, identificáronse como compoñentes de Condición Física susceptibles de mellora:
- Forza muscular: Máximo grao que se aplica nunha contracción muscular para superar unha resistencia, podendo ser estática ou dinámica.
- Resistencia muscular: Nº de movementos sucesivos de forza muscular que se realizan nun determinado tempo.
- Resistencia xeral: Habilidade para pospoñer a aparición de fatiga nunha actividade física persistente desenvolvida por movementos xerais do corpo
Estes tres factores apoiados nunha boa base orgánica e unha alimentación adecuada conformasen a condición física do momento. Esta desenvolverase por medio do acondicionamento físico, é dicir do adestramento das calidades que a compoñen.
Á vista disto, podemos dicir que se pode modificar a capacidade motriz ao desenvolver a condición.
O termino de condición motriz xurdiu a partir da segunda guerra mundial, cando se comezaron a realizar estudos mais serios sobre calidades físicas e viuse que había mais calidades que se podían mellorar co adestramento, aínda que non fóra de forma tan espectacular como as anteriores e que contribuían a lograr un maior rendemento deportivo. Esta condición motriz supón a capacidade de realizar traballos máis vigorosos e intensos que os que permite a condición física.
Na Condición Motriz englóbanse ademais dos compoñentes da condición física, outras capacidades como son:
- A potencia: é a capacidade de aplicar a máxima forza muscular nun curto período de tempo.
- A axilidade: é a capacidade que permite o cambio de posición e de dirección corporal nos movementos con gran rapidez.
- A velocidade: é a capacidade de realización do maior numero de accións motrices no mínimo tempo posible.
- A flexibilidade: é a capacidade que permite o máximo percorrido das articulacións.
Actualmente as diferenzas entre condición física e condición motriz son mínimas, de maneira que case se utilizan como sinónimos. Para Clarke, H. ?67 a condición física é:
A capacidade de realizar un traballo diario con vigor e efectividade retardando a aparición de fatiga e evitando lesións. Isto aproxímase ao concepto de capacidades motoras que sinala Manno, R. Que define como un conxunto de predisposicións ou potencialidades motrices fundamentais no home que fan posible o desenvolvemento das habilidades motoras aprendidas.
Ao longo do tema, tratar de desenvolver os aspectos referidos a capacidades condicionais e intermedias, aínda que sempre resulte problemático separalas de aspectos técnicos, coordinativos, etc. Como xa sinalei.
O medio máis eficaz para conseguir unha boa condición física é o exercicio físico.