A “II Carrera de la Luz IES Miraflores” é unha iniciativa pioneira na que desde o centro escolar organízase unha actividade deportiva, popular e solidaria. Os fondos recadados polas inscricións dos participantes serán doados na súa totalidade á ONG Dididai. Esta organización sen ánimo de lucro traballa en Bal Mandir, o maior orfanato do Nepal, que acolle mozos e mozas con diversidade funcional. Dididai colabora con este centro de Katmandú para que os menores reciban educación e atención especializada, de forma que melloren as condicións de vida deles e das persoas que os atenden. A proba está organizada polo Instituto de Ensino Secundario Miraflores de Oleiros (A Coruña). O percorrido da proba será en circuíto de asfalto, no Polígono industrial de Iñás (Oleiros), pechado ao tráfico e iluminado. Pasará por Rúa Barbanza, Rúa Salnés, Rúa Soneira e Rúa Silvas. A saída e a meta estarán instaladas nas naves do viveiro municipal de empresas. O horario de comezo da proba será as 20.00.
Toda la información en este enlace:
http://www.edu.xunta.gal/centros/iesmiraflores/?q=node/359