Como vos comentei, a semana que vén acompaño o alumnado de 1º nunha saída de luns a mércores. Durante a miña ausencia, tedes que elaborar o preproxecto audiovisual, tal e como se explica na tarefa correspondente e vos aclarei na aula.
O xoves analizarei os vídeos ou, no seu defecto, o storyboard e guión concreto de cada caso.
O uso da IA é para axudar a prever o resultado, pero en ningún caso substitúe ó voso plantexamento creativo nin vai substituír ás vosas gravacións posteriores. Se precisades usar o móbil para logearvos (só para iso), podedes.