Na sesión da semana pasada, antes de facer o tour polos tres espazos do Polo Creativo, tratáronse os seguintes temas:
- Enquisa enviada polo asesor do PFPP, para detectar necesidades formativas de cara ao próximo curso. Agradécese que a cubramos todos os participantes. Enlace ao formulario
- Amósase o curso "Polos Creativos" creado por Cristóbal na aula virtual, e no que todos os participantes no GT estamos matriculados. Nel podemos acceder a:
- Inventarios e documentación técnica das dotacións recibidas.
- Unha sección de Boas Prácticas, para recopilar exemplos de actividades coas que empregar os materiais do Polo Creativo.
- Unha sección específica para o PFPP, na que polo de agora incorporouse:
- Unha páxina que recopila os materiais da formación de coordinadores (temas como metodoloxías innovadoras, traballo por proxectos ou protección de datos)
- Unha base de datos sobre ferramentas TIC, na que todos podemos incorporar novas entradas para compartir ferramentas que empregamos habitualmente ou novidades que nos poden parecer inteersantes.