Ola a todos.
Xa estamos dados de alta como centro e presentados no espazo ADIX Vilagarcía 1.
Estiven a falar con Julia Sainz que é a nosa mentora no plan dixital e díxome que imos por diante de moitos centros.
1.- Sabemos de que vai isto do plan dixital
2.- Vimos algo do cuestionario Selfie (que será a nosa primeira tarefa a entregar)
3.- Temos o grupo de traballo constituído e funcionando
Doutra banda, díxome que desde Servizos Centrais queren as cousas bastante pechadas, de tal forma que todos os centros presenten o mesmo cuestionario Selfie. Por unha banda deberemos incluír todas as preguntas (obrigatorias e opcionais) sen ningún tipo de modificación e por outro engadiremos preguntas opcionais a maiores pero xa pechadas desde arriba.
Por agora fixen a primeira tarefa (que é entrar na aula virtual e presentarme) e cando a cualifiquen abriranse as instrucións do cuestionario Selfie.
Para facer o cuestionario,
1.- Debemos ter un censo de profesores que poidan enchelo. Só poden enchelo aqueles que levasen máis dun curso no centro a data do 15 de setembro.
2.- Teriamos que actualizar os cuestionarios selfie e fixar un período para que os membros da comunidade educativa (profesorado, equipo directivo e alumnado) poidan contestalo, así como organizar aos grupos de alumnos para que o contesten. 