Primeira tarefa do espazo ADIX Vilagarcía 1

Primeira tarefa do espazo ADIX Vilagarcía 1

por Cristóbal Álvarez Cervino -
Número de respostas: 0

Ola a todos.

Xa estamos dados de alta como centro e presentados no espazo  ADIX Vilagarcía 1.

Estiven a falar con Julia Sainz que é a nosa mentora no plan dixital e díxome que imos por diante de moitos centros.

1.- Sabemos de que vai isto do plan dixital
2.- Vimos algo do cuestionario Selfie (que será a nosa primeira tarefa a entregar)
3.- Temos o grupo de traballo constituído e funcionando

Doutra banda, díxome que desde Servizos Centrais queren as cousas bastante pechadas, de tal forma que todos os centros presenten o mesmo cuestionario Selfie. Por unha banda deberemos incluír todas as preguntas (obrigatorias e opcionais) sen ningún tipo de modificación e por outro engadiremos preguntas opcionais a maiores pero xa pechadas desde arriba.

Por agora fixen a primeira tarefa (que é entrar na aula virtual e presentarme) e cando a cualifiquen abriranse as instrucións do cuestionario Selfie.

Para facer o cuestionario,

1.- Debemos ter un censo de profesores que poidan enchelo. Só poden enchelo aqueles que levasen máis dun curso no centro a data do 15 de setembro.

2.- Teriamos que actualizar os cuestionarios  selfie e fixar un período para que os membros da comunidade educativa (profesorado, equipo directivo e alumnado) poidan contestalo, así como organizar aos grupos de alumnos para que o contesten.