Sección A: Os materiais e recursos

Características e pautas:
A implementación dun programa deste tipo debe de ser unha necesidade sentida pola Comunidade Educativa do centro e non percibirse, como unha demanda da administración educativa ou como a idea novidosa dun reducido grupo de persoas, polo tanto este primeiro momento de sensibilización e axuste á realidade de cada centro do funcionamento do servizo será clave para que se consolide.
Polo tanto, a implementación ten que ir precedida dun traballo de toma de conciencia da Comunidade Escolar, pero moi especialmente, nun primeiro momento, polo equipo docente, que vai ser o sostén do mesmo. Pensemos que o que estamos propoñendo é un cambio de paradigma na visión e xestión dos conflitos e unha aposta real e potente pola educación en valores e pola educación para a paz.
O anterior, non supón de ningunha maneira que nos olvidemos dos/as outros/as actores e actrices: o alumnado que debemos ir sensibilizando pois eles/as van a ser os/as protagonistas e as propias familias que deben comprender a proposta para que poidan apoiala. Polo tanto:
- O servizo de mediación necesita un banco de documentos que hai que elaborar, pensados para cada unha das fases de implantación do servizo.
- Na medida do posible, deben estar contextualizados no centro no que se van usar.
- Na elaboración e revisión dos recursos deben implicarse todos os membros do servizo de mediación.
- Estos materiais deben, como outros elementos do servizo ser avaliados e revisados de maneira cíclica.
Obra publicada con Licencia Creative Commons Reconocimiento Compartir igual 4.0