Coidamos o aparato dixestivo
|
Mantén as vias respiratorias limpas. Sóate as fosas nasais diariamente e non metas ningún obxecto no nariz. |
![]() |
Abrígate con roupa adecuada. Protexe a boca e o nariz do aire frío e de cambios bruscos de temperatura. | ![]() |
| Procura comer amodiño para non atragoarte. Seguramente tosendo xa te liberas da obstrución. Se afogas deberían practicarche a maniobra de Heimlich | ![]() |
Aliméntate con froitas e verduras ricas en vitamina C. Protexerante da gripe. Laranxas, brócoli ou coles de Bruxelas teñen vitamina C. | ![]() |
| Evita a humidade. Se te mollas, sécate rapidamente e cambia de roupa e calzado se fose necesario. | ![]() |
Protéxete de virus e bacterias evitando contactos innecesarios con persoas con gripe ou febre. Se es ti o enfermo, procura non extender as túas doenzas. | ![]() |
| Se tés gripe, catarro ou febre procura beber líquidos. Facilitarán a limpeza das vías respiratorias expulsando as mucosidades. Se esbirras ou toses pon un pano por diante para non contaxiar a ninguén. | ![]() |
O exercicio físico vaite dotar dunha maior capacidade pulmonar, optimizando o funcionamento xeral do organismo. Disminuirache os problemas respiratorios. |
![]() |
|
Intenta respirar polo nariz, protexerás a gorxa e o resto das vías repiratorias. |
![]() |
Non te automediques. Vai ao médico cando teñas os primeiros síntomas da catarreira. | ![]() |
| Imaxes: Sergio Palau. http://www.arasaac.org | |||









