Saltar navegación

Coidamos o sentido do tacto

Coidamos a pel

Dúchate diariamente.

Elimina a suciedade e suor do teu corpo.

Cando vais á praia, á neve ou mesmo diariamente no verán, protexe a túa pel con crema solar.
Se tés unha ferida, lávaa e desinféctaa inmediatamente. Cando vaias á piscina ou empregues vestiarios procura calzar chancletas para evitar infectarse con fungos nos pés.
Cambia de calzado con frecuencia. Procura que se aireen e sequen zapatos e zapatillas. Visita ao dermatólogo/a cando teñas problemas de pel.