Hixiene, protección, coidados...
![]() |
Procura respirar sempre polas fosas nasais. Evitarás arresfriados e conxestións nasais. |
![]() |
Para limpar os mocos expulsa o aire por unha fosa mentras presionas a outra. Nunca presiones ou expulses o aire polas dúas xuntas. Aséate con un pano limpo ou papel suave. |
|
Non introduzas nin os dedos nin obxectos nas fosas nasais, nin siquera pauciños de algodón. Podes empregar chorros de auga salina ou soro fisiolóxica para facilitar a limpeza. Inhalar vapores de eucalipto cando teñas unha conxestión facilitará a expulsión da mucosidade excesiva. |
|
![]() |
Se sangras polo nariz ocasionalmente, non te alarmes. Séntate e presiona as fosas nasais uns minutos. Mesmo podes empregar xeo ou unha compresa de auga fría sobre as fosas nasais. Se o sangrado é repetitivo, consulta un/ha médico especialista. |
| Non reprimas os esbirros. Son debidos a irritacións das fosas nasais por po, olores fortes ou alerxias. Procura, eso si, facelo sobre un pano, sen molestar a ninguén. | |
![]() |
Non te expoñas durante moito tempo a cheiros fortes nin inspires aire en ambientes contaminados, fumes ou sustancias perxudiciais para a saúde. Nalgúns ambientes é conveniente empregar mascariñas protectoras. |
![]() |
Rinoplastia. Debido a accidentes podemos sufrir unha rotura ou desviación do tabique nasal, polo que teremos dificultades para respirar e necesitaremos unha rinoplastia. Coa idade, os cornetos poden medrar e impedir o paso normal do aire, provocando ronquidos ou apneas durante o sono. (Apnea= momentos sen respiración). |
| Acude a un/ha especialista, otorrinolaringólogo/a, para consultar as molestias do sentido do olfacto. | |
| Imaxes:Sergio Palao (CC BY-SA) | |




