As articulacións
É o lugar no que se unen os ósos. As articulacións móbiles e semimóbiles van a ter movementos debido a que os músculos que están unidos aos ósos de ditas articulacións, se contraen e se relaxan.
Fíxate na táboa inferior como interveñen os músculos e os ósos en cada articulación:
| ARTICULACIÓN | ÓSOS | MÚSCULOS |
| Cara | Maxilar - Mandíbula | Maseter |
| Pescozo | Columna vertebral | Trapecio - Esternocleidomastoideo |
| Ombreiro (ombro) | Omoplata - Clavícula - Úmero | Trapecio - Bíceps |
| Cóbado | Úmero - Radio - Cúbito | Bíceps - Tríceps |
| Pulso | Radio -Cúbito - Carpos | Flexores - Extensores |
| Xeonllo | Fémur - Tibia - Peroné | Bíceps - Cuadríceps |
| Cadeira | Coxal - Fémur | Abdominais - Glúteos |
| Espiñazo | Columna vertebral | Abdominais - Dorsais |
Os nosos movementos prodúcense porque distintos músculos, actuando normalmente a pares, se relaxan e se contraen tirando dos ósos.
Debuxa a ficha na túa libreta. Podes baixala ao teu equipo ou mesmo imprimila.
Debuxa e nomea en cada articulación os músculos que interveñen