|
Trátase dun grupo de voluntarios, que cumpren unhas determinadas funcións para atender a unha compañeiro/a accidentado/a. Normalmente son as persoas máis cercanas ao accidente e eles deben tratar de organizarse para cubrir as necesidades básicas traballadas con anterioridade. Na imaxe, observaremos a función de cada un deles e o rol que cadaquén asume na situación que se lles presenta. |
|
Primeiros Auxilios
Actuación Práctica
Actuación ante accidente.
|
Formar grupos de tres e observar este vídeo: Explicar como vos desenvolveriades neste accidente otorgándovos un rol a cada un. Comezade o exercicio catalogando se estamos ante unha EMERXENCIA ou unha URXENCIA. Ánimo!! |
|
Creación de simulacro
|
Tendo en conta a actividade anterior, e utilizando unha táblet, debedes facer unha gravación que simule un accidente e plantexarlle a outro grupo que actúe mediante o protocolo PAS, deixándolle notificado o tipo de accidente ocurrido. Posta práctica: 1- Gravación do simulacro. 2- Plantexamento da actividade ao outro grupo. 3- Notificación do tipo de accidente. 4- Catalogación de URXENCIA OU EMERXENCIA por parte do grupo que responde. |
|
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0