Na clasificación das enfermidades non infecciosas vimos que había varios grupos, son moitos os casos que existen dentro do noso círculo social e no ambiente escolar no que nos movemos.
Temos que pensar que é moi importante respectalas e ao mesmo tempo coñecer características delas, xa que nalgún momento podemos ser de gran axuda para os compañeiros que as padecen ou teñen algún brote.
De todas elas e neste apartado sabendo que estamos na área de EF, imos tratar sobre dúas delas (diabetes e asma), que de forma directa lle pode afectar ao neno que a padece, tanto positiva como negativamente.