AS LABORES AGRÍCOLAS
Requisitos do completado
Obtivo 0 punto(s) de 0 punto(s) ata agora.
A COLLEITA
¿é o momento da colleita?
A colleita faise cando a parte da planta que nos interesa (raíz, follas ou froito) están ben crecidas.
Cando a horta é para unha familia os vexetais vanse colleitando pouco a pouco, na medida na que se van consumindo.
Pero ás veces temos que liberar a parcela para facer o noso próximo cultivo. Nese caso hai que colleitar todo xunto.
Outras veces hai que colleitar porque os froitos poden empezar a caer ou a transformarse para liberar as sementes. Ou as follas empezan a murcharse ou poñerse duras.
Neste caso tamén é bo recurrir a persoas con experiencia que saben ben cando o vexetal empeza a perder as boas condicións para ser consumido.
O calendario da horta tamén indica as datas aproximadas de recollida.