You have earned 0 point(s) out of 1 point(s) thus far.

TOMANDO ALIMENTO DO SOLO. A AXUDA DOS MICROORGANISMOS



A planta absorbe auga e sales minerais do solo.



Para iso ten as raíces.


RAÍCES




Os elementos minerais no solo móvense moi pouco e moi lentamente, así que para poder ser captados polas raíces teñen que estar moi cerca delas.

Algúns poden estar a unha distancia de 5 milímetros. Outros se están máis lonxe de 1 milímetro non poden ser tomados pola planta.

Por iso a raíz da planta ten que estenderse o máximo posible.



Mais para que os elementos minerais estean dispoñibles para as raíces é moi importante a participación dos microorganismos do solo.

Eles son os que descompoñen a materia orgánica do solo para extraer estes elementos minerais e poñelos a disposición das raíces.

Son bacterias e fungos.


 BACTERIAS          



Hai un elemento mineral moi importante: o nitróxeno


É imprescindible para a formación das proteínas, un tipo de materia orgánica esencial para a vida.

Este elemento chega á materia orgánica á través das raíces das plantas.

Pero a maior parte do nitróxeno atópase como gas na atmosfera, así que é necesario que un determinado tipo de bacterias tomen o nitróxeno do ar e o transformen para poñelo a disposición das raíces.


Isto é algo que temos que ter en conta cando coidemos das plantas da nosa horta.



A continuación podes ver un vídeo que te mostra un tipo de microorganismo que axuda moito á nutrición das plantas. É un fungo e chámanse “micorrizas”. Como verás son uns filamentos finísimos que se estenden ó redor das raíces.





É moi importante que saibas que para unha boa nutrición da planta a través das raíces, é necesario que os nutrientes se preparen seguindo un proceso. O verás cando falemos do solo, nun apartado chamado “O aparato dixestivo das plantas”.


You have completed 50% of the lesson
50%