A NUTRICIÓN DAS PLANTAS
Requisitos do completado
Obtivo 0 punto(s) de 1 punto(s) ata agora.
¿DE QUE ESTAMOS FEITOS OS SERES VIVOS?
Todos os seres vivos estamos feitos das mesmas substancias.
- Auga
- Sales minerais
- Materia orgánica
A auga e as sales minerais son a chamada materia inorgánica.
A materia orgánica ten un compoñente moi importante: o carbono.
Os átomos de carbono teñen algo especial: son capaces de unirse entre sí formando cadeas, redes e formas tridimensionais. Son como as pezas dun xogo de construción, pódense facer moitas cousas distintas con eles: son as chamadas moléculas orgánicas.
Imaxina que esta icona representa a un átomo de carbono.
Aquí tes uns cuantos átomos de carbono unidos para formar distintas moléculas orgánicas.
Unha cadea...

Unha rede.... 

Unha peza en tres dimensións... 

Pero non esquezas que o carbono non é o único compoñente da materia orgánica.
Despois deste repaso xa podes volver!