Vous avez jusqu'ici reçu 0 sur un maximum de 1 point(s).

TOMANDO ALIMENTO DO AIRE. A FOTOSÍNTESE


As plantas toman CO2 do aire e mediante o proceso da fotosíntese crean materia orgánica.


FOTOSÍNTESE

A fotosíntese é como un xogo de construción, a planta toma pezas pequenas e con elas constrúe pezas máis grandes.


Estas pezas máis grandes xa son materia orgánica, e van servir para facer unha gran variedade de novas pezas, con distintas formas, tamaños e utilidades.




O papel da luz do sol


Nun xogo de construción necesitas enerxía para xuntar unhas pezas con outras. O mesmo ocorre coa fotosíntese.

Nese caso a planta toma a enerxía do sol. Así que as follas das plantas son pequenas placas solares. De feito a enerxía solar queda almacenada na materia orgánica. Cando queimamos a materia orgánica (por exemplo nunha cheminea) ¡estamos recuperando a enerxía do sol! ¿Sabías iso?

A fotosíntese realízase principalmente nas follas, aínda que tamén se da nas outras partes das plantas.

Por iso para a alimentación da planta é moi importante unha correcta exposición á luz solar e é un dos principais factores a ter en conta cando se escolle a localización da horta.

Máis adiante falaremos deste aspecto.


Vous avez terminé 50 % de la leçon
50%