A NUTRICIÓN DAS PLANTAS
Conditions d'achèvement
Vous avez jusqu'ici reçu 0 sur un maximum de 1 point(s).
¿COMO COMEN AS PLANTAS?
Se queres facer un bo traballo na nosa horta tes que axudar ás plantas a crecer, e iso só o poderás facer se sabes como se alimentan.
Ese é o obxectivo deste apartado.
Para empezar tes que saber que as plantas toman o alimento do aire e do solo.

Por iso necesitan distintos órganos para alimentarse.

As follas e os tallos verdes toman o alimento do aire. As raíces toman o alimento do solo.
Imos ver cada un deles.