You have earned 0 point(s) out of 0 point(s) thus far.

¿QUE PASA COA AUGA DOS SERES VIVOS?


A auga é fundamental para todos os seres vivos.

Seguro que sabes que unha gran porcentaxe da nosa materia é auga.

Nas plantas esta porcentaxe é moi alta, estando entre o 80% e o 90%.

Polo tanto a auga tamén forma parte do ciclo da materia.



Nas plantas entra polas raíces, coas sales minerais disoltas nela, e sube ata as follas onde participa na creación da materia orgánica por medio da fotosíntese.

Ademais a auga fai un importante papel no transporte de sustancias dende as raíces ata as follas. De feito da auga absorbida polas raíces so un 2% pasa a formar parte da materia da planta, o resto é como un río polo que se transportan as sales minerais dende as raíces ata as follas, e destas evapórase incorporándose ó ar e entrando así no ciclo da auga (¡é certo! As plantas son unha parte importante do ciclo da auga no noso planeta). Ese proceso chámase evapotranspiración.
You have completed 6% of the lesson
6%