You have earned 0 point(s) out of 0 point(s) thus far.

¿QUEN FABRICA A MATERIA ORGÁNICA?


Pero hai algo que debes saber sobre a materia orgánica:


¡Non todos os seres vivos son capaces de fabricala!


So as plantas e algúns microorganismos son capaces de fabricar materia orgánica a partir de auga, sales minerais e CO2 (do CO2 extraen o Carbono liberando Osíxeno).

Aos seres vivos que producen materia orgánica a partir de materia inorgánica chamámolos PRODUTORES.


O resto dos seres vivos teñen que tomar a materia orgánica doutros seres.



CONSUMIDORES

Aliméntanse da materia orgánica viva doutros seres vivos. Pode ser das plantas (son os herbívoros e chamámolos consumidores primarios), ou doutros animais (son os carnívoros, chamámolos consumidores secundarios).



DESCOMPOÑEDORES

Aliméntanse de materia orgánica morta procedente dos restos dos seres vivos.


You have completed 6% of the lesson
6%