Gesamtpunktzahl: 1 / 1

OS CICLOS NA NOSA VIDA


Como aínda non temos horta imos empezar observando o que temos máis preto, a nosa vida cotiá que tamén está chea de cousas máxicas.

Este é o caso dos ciclos.



¿Sabías que a nosa vida está chea de ciclos?


Quizás non o saibas, porque non te fixaches ben.

Nesta actividade imos investigar un pouco no noso día a día para comprender o que son os ciclos e o importantes que son.


Antes de poñernos a buscar ciclos na nosa vida temos que saber exactamente que é un ciclo.

Un ciclo é un conxunto de feitos que se repiten sempre na mesma orde.



Así que para atopalo temos que buscar cousas que se repiten, e comprobar que esa repetición se da sempre na mesma orde.

¿Xa atopaches algún?

Vouche axudar un pouco. ¿Como empezas cada día?

Se non me equivoco despertándote ¿certo? ¿E como rematas cada día? Eu diría que indo a durmir ¿certo? Aquí tes un ciclo moi importante para os seres humanos o ciclo do soño e a vixilia (ou sexa a alternancia entre estar durmindo e estar desperto).

Este ciclo do ser humano está relacionado cun ciclo moi importante da natureza:


o ciclo do día e a noite.




¿Xa o tes máis claro?



Imos ver outro exemplo: o ciclo da roupa. Pensa por exemplo nunha camiseta. Imos ver

"o ciclo da camiseta"


1º Collela do armario.
2º Úsala.
3º Co uso a camiseta ensúciase.
4º Déixala no lugar da roupa sucia.
5º Alguén (quizais ti) a mete na lavadora e lávase.
6º Alguén (quizais ti) a pon a secar.
7º Alguén (quizais ti) a prancha.
8º Alguén (quizais ti) a dobra e a garda no armario.
1º Cóllela do armario e así comézase un novo ciclo.

Se te fixas esta serie de feitos repítense unha e outra vez, e o fan sempre a mesma orde.

¡Agora tócache a ti!