4. A segunda fase da Revolución Industrial

A partir de 1875 o proceso de industrialización intensifícase, polo que o período que vai entre 1875 e 1914, ano no que comeza a Primeira Guerra Mundial, adoita denominarse Segunda Revolución Industrial.

Os trazos desta segunda Revolución Industrial son os seguintes:   Expansión ferrocarril durante a Rev. Industrial

  • Empregáronse novas fontes de enerxía  como o petróleo ou a electricidade, substituíndo ao vapor.
  • A industria téxtil foi desprazada por outras como a química. O ferrocarril, coa súa expansión territorial (ver mapa adxunto), continuou estimulando a industria siderúrxica.
  • A organización do traballo nas fábricas mudou na procura dunha maior eficiencia e especialización, xurdindo sistemas de produción en cadea (fordismo).
  • Desenvolvéronse novas formas de organización e concentración industrial, entre as que destacan os cárteles, os trusts e os holdings.
  • O liderazgo económico como potencias industriais desprazouse cara a Alemaña e Estados Unidos.
  • Tivo lugar un proceso de industrialización fóra do ámbito occidental: o Xapón da época Meihi. 

Cadea de montaxe en 1913


NOTA INVESTIGA

Realiza as seguintes actividades, anotando en cada caso as fontes consultadas:

a. Investiga e anota en que consiste o sistema fordista de produción en cadea. Busca datos sobre o taylorismo e anota os seus trazos.

b. Investiga en que consisten os cárteles, trusts e holdings.

c. Busca información sobre a era Meihi xaponesa e redacta un breve informe no que sinales a súa cronoloxía e trazos fundamentais.

d. Observa o mapa da expansión do ferrocarril. ¿Como calificarías esa expansión? Argumenta a túa resposta.