Agradecementos

Este traballo rematouse en xuño de 2022, actualizando o proxecto de 2017. Algúns arquivos, nomeadamente imaxes, quedaron na primeira versión, incorporándose outros, pero o agradecemento permanece coa mesma franqueza.

Vaia o meu agradecemento a todas as persoas, grupos musicais e de danza e baile que aparecen nas imaxes ou nos audios e se escolleron para ilustrar con fins educativos calquera aspecto da nosa tradición musical.

Polo asesoramento, indicacións e ofrecemento a Sergio de la Ossa, amais de polo seu traballo rigoroso da música galega. Tamén ao Museo do Pobo Galego pola estupenda iniciativa que supón o Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade (APOI) e a posta á disposición en aberto do material, exhaustivamente estudado e catalogado. 

Polas facilidades para o uso dos materiais ao seu dispor a Moisés Quintas; Senén Bernárdez, director do programa Alalá da TVG e a todo equipo polo excelente traballo; Ernesto E. Calo e a AELG  (Asociación de escritoras e escritores en lingua galega), de xeito destacado o proxecto do Arquivo da Sección de Literatura de Tradición Oral da AELG; a Milagros Bará (Proxecto Virtual Recuperación do Patrimonio Musical Galego Séculos XIX-XX); Miguel Losada e a SAGA (Sociedade Antropolóxica Galega).

Á Fundación Barrié e a Deputación de Pontevedra pola achega das súas publicacións.

A Felisa Segade polo asesoramento e atención; a Tres Pesos. A Xosé Antón Vicente, asesor do CAFI (2017) e a María Souto, asesora do CAFI (2022). A Mercedes Prieto e Montse Rivera (ensino de xogos de baile). Á Folkoteca galega. Ao Grupo de baile e música tradicionais Brincadeira. A Rebeca Tallón. A Carol Gillanders. A Punto e Volta. A Héctor Castro.

Pola autorización ou cesión de uso das fotografías a Ateneo Santa Cecilia (Facebook), Danza de Darbo (facebook), Emilio Romanos (facebook), entroidodecobres.com, Luciano Pérez Díaz (Centro de Artesanía e Deseño da Deputación de Lugo), Obradoiro de gaitas Seivane, Rancho de reis de Guláns (facebook), Redondela (facebook), Kezka Dantza Taldea Eibar, Rubén Bastón, Septem Trionis, Clarosfking. Ao gran proxecto Ponte nas Ondas! e o arquivo 'Imaxes do patrimonio'.

Por fragmentos de temas musicais: pandeireteiras do Liceo de Noia, Silouras, Arreixeira e Limagoia; Pallamallada; Xisco Feijóo; as demais persoas intérpretes nos vídeos e nos audios.

A todas as persoas que contribúen, dun xeito ou doutro, á dignificación, preservación e mantemento da música tradicional galega e a nosa cultura. 

Etiquetas: