ANM 5. Os cantos de traballo
Dálle marcha!
Antigamente os tecidos para a a roupa elaborábanse na casa de orixe vexetal (o liño) ou de orixe animal (a la).
O traballo do liño é un proceso longo e duro e colaboraba a veciñanza. Sempre acababan nunha festa, con baile e música. Dende que se arriga (arrincar a planta da raíz) ata que chega á debandoira (aparello para converter as madeixas en nobelos), hai nove procesos de traballo. Unha vez separada a semente dos talos, había que rompelos cunha maza e tirar a casca. Era o traballo de mazar o liño, que ten os seus cantos propios. O movemento constante das mazas marcan o ritmo da peza.
As melodías e as letras están recollidas no Bolo (Ourense) e en Ribeira de Piquín (Lugo).
Canto de mazar o liño

II.
Teño tres estriguiñas (x2)
teño que arrestrelar mira Pepe
teño que arrestrelar.
Estróupele...
III.
O restrelo está romo (x2)
non quero arrestrelar mira Pepe
non quero arrestrelar.
Estróupele...