Opcións de matriculación

O debuxo como linguaxe visual é exposto nesta programación dende dous bloques de contido diferentes que se corresponden con dous dos posibles niveis lingüísticos: O debuxo de ideación e o debuxo descritivo. Apuntalar uns coñecementos prácticos e teóricos sobre estes dous niveis, non implica a exclusión doutros: o debuxo de ilustración, o debuxo de ornamentación, o debuxo de expresión…..senón que fai referencia á orientación primordial destes dous bloques de contidos, sen que por elo desatendamos os outros niveis nun plano secundario. Como toda clasificación, esta é convencional e probablemente variaría en función doutras intencións, épocas ou autores. Esta estrutura obedece á necesidade proxectiva da materia de debuxo no grao de deseño, na súa especialidade de produtos, pensada para dotar ao alumno dunha poderosa ferramenta de ideación dos proxectos, tanto a través da proxección da idea mental que require o ámbito do deseño, como a través da observación do mundo sensible, como fonte moi probable deste mundo de ideas.


Os convidados non poden acceder a este curso. Inicie sesión neste sitio.