Dende tempos inmemoriais o ser humano utilizou o debuxo como un medio de expresión co que transmitir conceptos e compartilos co resto da sociedade na que vive. Estes debuxos abarcan un gran espectro, podendo ser desde o carácter máis técnico e obxectivo, como o de seguir o paso a paso dunhas instrucións de montaxe, ensamblaxe ou construción dalgún tipo de artefacto ata o de expresar a angustia existencial que invade ao artista, en imaxes dun forte rango subxectivo que poidan a chegar a ter unha máis complexa comprensión cando non temos todas as claves necesarias para entendelo.
En determinados ámbitos como a arquitectura, a
Enxeñería, a artesanía e o deseño, prima un tipo de debuxo que podemos
denominar de ideación de carácter proxectual, onde este se converte no vehículo
para plasmar sobre o papel aquelas ideas que nacen na mente do debuxante sexa
do ámbito que sexa. Pensemos que todo deseño a pasado necesariamente por estes
primeiros pasos, nos que o obxectivo final apenas se vía esbozado en catro sinxelos
trazos que comezaban un proceso de configuración que pode irse complicando has
os extremos máis complexos. A este tipo de linguaxes
ningún debuxante é alleo, e poderemos establecer o maior ou menor número de
pasos necesarios para a conclusión do seu proxecto, en función do grao de
acometida técnica que este requira.
- Teacher: marcos vilariño