Opcións de matriculación

Presentación do curso

 

Coñecemento e afondamento nos principios da teoría da percepción. Comprensión dos procesos perceptivos: forma e significado. Desenvolvemento da capacidade de observación e comparación dos elementos visuais. Principios de composición.

OBXECTIVOS DA DISCIPLINA
  1. Desenvolver a capacidade de percepción, comprensión e organización espacial para realizar composicións bidimensionais e tridimensionais complexas de maneira progresiva.

  2. Establecer as bases perceptivas e compositivas necesarias para configurar e relacionar os diversos elementos que interveñen no espazo.

  3. Saber interpretar, traducir e expresar sensacións e emocións a través dunha linguaxe plástica propia.

  4. Expresar e comunicar propostas espaciais propias mediante diferentes recursos de exteriorización visual.

  5. Recoñecer os distintos elementos, usos e terminoloxía que conforman o espazo e a caixa escénica.

  6. Demostrar sensibilidade estética, creativa e técnica na concepción e realización dos exercicios propostos.

  7. Levar a cabo un proceso de traballo creativo, eficaz e personalizado que potencie a investigación, a experimentación e a capacidade do alumnado para tomar decisións eficaces.

  8. Saber expresar, xustificar e defender, mediante a exposición oral, ideas, propostas e procesos de traballo dun xeito convincente e rigoroso.

  9. Coñecer o rol, as funcións e as competencias básicas do/da escenógrafo/a dentro dos diferentes procesos de creación e produción profesional.

CONTIDOS

1- Introdución á Escenografía

1.1 A escenografía nas artes escénicas e outros ámbitos de intervención.
1.2 O/a escenógrafo/a: funcións, procesos, equipos de traballo e estrutura da produción escénica.
1.3 Terminoloxía e linguaxe plástica específica no ámbito escénico.

2- Referentes contemporáneos da plástica escénica

2.1 Escenografía contemporánea e tendencias actuais.
2.2 Outras disciplinas artísticas como referentes para a creación escenográfica.
2.3 Creadores/as e proxectos de referencia.

3-Habilidades espaciais no ámbito da escenografía

3.1. Percepción visual e desenvolvemento espacial.
3.2. Organización bidimensional do espazo.
3.3. Transformación e configuración tridimensional do espazo.

4-Espazo escénico e arquitectura teatral

4.1. Tipoloxías de espazos escénicos.
4.2. A caixa escénica e os condicionantes arquitectónicos do espazo teatral.
4.3. Percepción do espazo escénico: visuais, escala e relación escenaespectador.

5-A cor na configuración espacial

5.1. Percepción da cor na interacción materia-espazo.
5.2. Dimensión subxectiva da cor como linguaxe expresiva e comunicativa.
5.3. A cor na configuración e transformación do espazo e na creación de atmosferas.

6-Representación mental e gráfica do espazo

6.1. Pensamento espacial, representación mental e visualización do espazo.
6.2. Debuxo espacial e representación gráfica do espazo.
6.3. Modelos de representación espacial en tres dimensións.

Os convidados non poden acceder a este curso, tente acceder.