
Presentación do curso
Coñecemento e afondamento nos principios da teoría da percepción. Comprensión dos procesos perceptivos: forma e significado. Desenvolvemento da capacidade de observación e comparación dos elementos visuais. Principios de composición.
-
Desenvolver a capacidade de percepción, comprensión e organización espacial para realizar composicións bidimensionais e tridimensionais complexas de maneira progresiva.
-
Establecer as bases perceptivas e compositivas necesarias para configurar e relacionar os diversos elementos que interveñen no espazo.
-
Saber interpretar, traducir e expresar sensacións e emocións a través dunha linguaxe plástica propia.
-
Expresar e comunicar propostas espaciais propias mediante diferentes recursos de exteriorización visual.
-
Recoñecer os distintos elementos, usos e terminoloxía que conforman o espazo e a caixa escénica.
-
Demostrar sensibilidade estética, creativa e técnica na concepción e realización dos exercicios propostos.
-
Levar a cabo un proceso de traballo creativo, eficaz e personalizado que potencie a investigación, a experimentación e a capacidade do alumnado para tomar decisións eficaces.
-
Saber expresar, xustificar e defender, mediante a exposición oral, ideas, propostas e procesos de traballo dun xeito convincente e rigoroso.
-
Coñecer o rol, as funcións e as competencias básicas do/da escenógrafo/a dentro dos diferentes procesos de creación e produción profesional.
CONTIDOS
1- Introdución á Escenografía
1.1 A escenografía nas artes escénicas e outros ámbitos de intervención.
1.2 O/a escenógrafo/a: funcións, procesos, equipos de traballo e estrutura da produción escénica.
1.3 Terminoloxía e linguaxe plástica específica no ámbito escénico.
2- Referentes contemporáneos da plástica escénica
2.1 Escenografía contemporánea e tendencias actuais.
2.2 Outras disciplinas artísticas como referentes para a creación escenográfica.
2.3 Creadores/as e proxectos de referencia.
3-Habilidades espaciais no ámbito da escenografía
3.1. Percepción visual e desenvolvemento espacial.
3.2. Organización bidimensional do espazo.
3.3. Transformación e configuración tridimensional do espazo.
4-Espazo escénico e arquitectura teatral
4.1. Tipoloxías de espazos escénicos.
4.2. A caixa escénica e os condicionantes arquitectónicos do espazo teatral.
4.3. Percepción do espazo escénico: visuais, escala e relación escenaespectador.
5-A cor na configuración espacial
5.1. Percepción da cor na interacción materia-espazo.
5.2. Dimensión subxectiva da cor como linguaxe expresiva e comunicativa.
5.3. A cor na configuración e transformación do espazo e na creación de atmosferas.
6-Representación mental e gráfica do espazo
6.1. Pensamento espacial, representación mental e visualización do espazo.
6.2. Debuxo espacial e representación gráfica do espazo.
6.3. Modelos de representación espacial en tres dimensións.
- Course creator: David Mortol Moreno