SAIREMOS ÁS 7:15H DA MAÑÁ DESDE A CAPELA DE S. ROQUE (preto da praza de touros). Debedes estar alí xa uns 10 minutos antes. ¡Sede moi puntuais! Imos viaxar con Mombús.


A MALETA para facturar non debe superar os 23 kg. O vulto para levar en cabina non debe exceder dos 8kg e tampouco pode superar estas medidas: 55x40x20 cm.

Consultade a información meteorolóxica: temos colgado un enlace coa predicción para Bruxelas do 24 ao 28.




1)
Saíremos do aeroporto Sá Carneiro do Porto (Portugal) ás 09:55h (hora portuguesa) do mércores 24 de xuño. A compañía aérea é a TAP (compañía bandeira portuguesa). Temos que estar no mostrador de facturación do aeroporto como moi tarde ás 8:25h (hora portuguesa).

Procuraremos estar no aeroporto como mínimo 1 hora antes pois temos que facturar as maletas.

A hora prevista de chegada a Bruxelas é ás 13:25h (hora local).



2) A viaxe de regreso farémola tamén coa TAP portuguesa o domingo 28 de xuño. O voo sae de Bruxelas ás 14:05h e chega ao Porto ás 15:40h (hora portuguesa).

Previsiblemente chegaremos a Pontevedra no entorno das 19:00h.



3) Temos reservados 7 cuartos dobres e 3 triples, todos con baño, no Hotel Bedford (engadimos un enlace á súa páxina web). Este hotel destaca sobre todo pola súa mágnifica ubicación, moi próxima á Grand Place, en pleno centro da cidade. No hotel temos reservado tamén o almorzo.



4) A visita á sé do Parlamento Europeo en Bruxelas témola reservada para as 16:00h do xoves 25 (Temos que estar xa 20 minutos antes na entrada da zona de visitantes). O programa, de hora e media de duración, inclúe:
- Charla informativa sobre a Institución, seguida dun coloquio.
- Debate cun eurodiputado do Parlamento Europeo.
- Visita ao Hemiciclo, desde a tribuna do público.

A eurodiputada que nos convida a facer esta visita é a Sra. Dª. Elena Valenciano, aínda que é probable que poidamos ser recibidos tamén polo Sr. D. José Blanco (ambos os dous deputados no P. E. polo PSOE).

Despois deste programa procuraremos adicar uns minutos a visitar o Parlamentarium no centro de visitantes (ver información no enlace).



5) O venres 26 de xuño temos prevista a visita á cidade de Gent (Gante) e o sábado 27 á cidade de Brugge (Bruxas). Estamos preparando estas visitas para ofrecer uns itinerarios e lugares a visitar en cada caso. Proximamente disporemos desa información.



6) DOCUMENTACIÓN:

- Podemos viaxar co documento de identidade mais é moi recomendable levar tamén o pasaporte. Fixádevos nas datas de caducidade (que ninguén veña con documentos caducados ou provisionais: hai tempo abondo para facer as xestións necesarias).

- Hai que levar a Tarxeta Sanitaria Europea. En Pontevedra solicítase no CAI (Centro de atención e información) da Seguridade Social na rúa Gagos de Mendoza, 4 (teléfono: 986 85 08 23). Hai que pedir cita previa.
Os funcionarios de Muface poden solicitala na oficina da rúa Sagasta, 2 (teléfono: 986 98 15 00). Despois da solicitude recíbese por correo no propio domicilio nun prazo de 10 días.

- O Carné de Estudante e o Carné de Profesor poden ser moi útiles pois soen ter descontos en distintos servizos (museos, visitas ao patrimonio, etc.)

Última modificación: xoves, 13 de xullo de 2017, 12:06 PM