• Inicio
  • O centro
    • Datos de contacto
    • Documentos
    • Localización
    • Organigrama
  • Enlaces de interés
    • Biblioteca Dixital de Galicia
    • Ensinanzas de adultos
    • Calendario escolar de Galicia
  • Álbums
  • Departamentos/Aulas
    • Castelán
    • Educación Física
    • Filosofía
    • Galego
    • Inglés
    • Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais
    • TIC
    • Ámbito científico-tecnolóxico
    • Ámbito de comunicación
    • Ámbito social
    • Historia
    • EBI
    • Economía y Empresa
    • Latín
    • Métodos matemáticos e numéricos
  • Biblioteca
    • Actividades
    • Clubs de lectura
  • Calendario
  • EDLG
  • Revista escolar

User account menu

  • Iniciar sesión
Inicio
  • Inicio
  • O centro
    • Datos de contacto
    • Documentos
    • Localización
    • Organigrama
  • Enlaces de interés
    • Biblioteca Dixital de Galicia
    • Ensinanzas de adultos
    • Calendario escolar de Galicia
  • Álbums
  • Departamentos/Aulas
    • Castelán
    • Educación Física
    • Filosofía
    • Galego
    • Inglés
    • Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais
    • TIC
    • Ámbito científico-tecnolóxico
    • Ámbito de comunicación
    • Ámbito social
    • Historia
    • EBI
    • Economía y Empresa
    • Latín
    • Métodos matemáticos e numéricos
  • Biblioteca
    • Actividades
    • Clubs de lectura
  • Calendario
  • EDLG
  • Revista escolar

Miga de pan

  • Inicio
  • Día europeo das linguas 2026

Día europeo das linguas 2026

Día europeo das linguas 2026

Do 28 de setembro ao 9 de outubro celebramos o Día Europeo das Linguas, unha iniciativa que promove a diversidade lingüística e a aprendizaxe de idiomas ao longo da vida. En 2026, o lema «As linguas únennos!» destaca a súa capacidade para achegar persoas, favorecer o entendemento e construír sociedades máis inclusivas.

Desde a EPAPU de Teixeiro sumámonos a esta celebración coa proposta didáctica «Palabras que abren portas», pensada para aproveitar a riqueza lingüística das aulas e dar valor aos coñecementos de cada persoa.

O material parte dunha lectura amena que convida a reflexionar sobre os acentos, a comunicación e o respecto polas distintas linguas. Inclúe un «Laboratorio de palabras», para descubrir semellanzas e identificar familias lingüísticas, e unha ficha na que cada participante pode compartir unha palabra ou expresión, explicar o seu significado e indicar cando se utiliza. 

A proposta tamén reivindica o galego como lingua para relacionarse co mundo e descubrir outras culturas.

O documento estará dispoñible para a súa descarga para todas aquelas persoas que o necesiten ou desexen desenvolver esta actividade na aula. Poderá imprimirse e adaptarse ás características de cada grupo, creando oportunidades para aprender, dialogar e compartir experiencias.

Xunta de Galicia

© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na Internet polo centro educativo

Mapa do sitio - Contacto co centro - Accesibilidade - Aviso Legal

EPAPU de Teixeiro