A historia promove a observación, a análise e a interpretación da realidade circundante, con tal fin de fomentar unha cidadanía activa e comprometida, sempre que as circunstancias o permitan. O pensamento histórico, coas súas estratexias e métodos, serve para entender o presente —non só para comprender os desafíos que nos impón, senón tamén para mellorar o mundo no que vivimos.
Os retos e problemas que nos impón a realidade globalizada son múltiples e ineludíbeis. Non é posible abordarlos sen os recursos que a historia nos ofrece. A historia proporciona ao alumnado unha rica heranza de experiencias acumuladas polas xeracións que nos precederon. Ao mesmo tempo que nos ensina os grandes logros, tamén nos mostra os erros, fracasos e momentos dolorosos que é imprescindible afrontar para aprender a evitar situacións semellantes.
Por outro lado, a metodoloxía histórica exige ao alumnado un uso rigoroso e crítico das fontes, unha comprensión precisa dos conceptos e da historiografía, así como o coñecemento das principais teorías e correntes académicas desenvolvidas no ámbito da historia e das ciencias sociais relacionadas. Ademais, esta metodoloxía promove o exercicio de procesos indutivos e de indagación: traballar con documentos e probas, buscar e tratar información de distintos tipos —textuais, gráficas, audiovisuais, artísticas, literarias, hemerográficas e sonoras—, mesmo que non sexan sempre accesibles. Nun centro tan específico como o EPAPU de Teixeiro, con limitacións de acceso a plataformas digitais, é particularmente relevante fomentar o uso crítico dos medios e a capacidade de adaptar os recursos ás condicións reais.
Accede ao material da Xunta aquí.
