• Inicio
  • O centro
    • Datos de contacto
    • Documentos
    • Localización
    • Organigrama
  • Enlaces de interés
    • Biblioteca Dixital de Galicia
    • Ensinanzas de adultos
    • Calendario escolar de Galicia
  • Álbums
  • Departamentos/Aulas
    • Castelán
    • Educación Física
    • Filosofía
    • Galego
    • Inglés
    • Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais
    • TIC
    • Ámbito científico-tecnolóxico
    • Ámbito de comunicación
    • Ámbito social
    • Historia
    • EBI
    • Economía y Empresa
    • Latín
    • Métodos matemáticos e numéricos
  • Biblioteca
    • Actividades
    • Clubs de lectura
  • Calendario
  • EDLG
  • Revista escolar

User account menu

  • Iniciar sesión
Inicio
  • Inicio
  • O centro
    • Datos de contacto
    • Documentos
    • Localización
    • Organigrama
  • Enlaces de interés
    • Biblioteca Dixital de Galicia
    • Ensinanzas de adultos
    • Calendario escolar de Galicia
  • Álbums
  • Departamentos/Aulas
    • Castelán
    • Educación Física
    • Filosofía
    • Galego
    • Inglés
    • Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais
    • TIC
    • Ámbito científico-tecnolóxico
    • Ámbito de comunicación
    • Ámbito social
    • Historia
    • EBI
    • Economía y Empresa
    • Latín
    • Métodos matemáticos e numéricos
  • Biblioteca
    • Actividades
    • Clubs de lectura
  • Calendario
  • EDLG
  • Revista escolar

Miga de pan

  • Inicio
  • O noso Obradoiro de Música acolle a presentación do libro Catálogo do cantar de cego: Voandeiras

O noso Obradoiro de Música acolle a presentación do libro Catálogo do cantar de cego: Voandeiras

cantares de cego

O 11 de xuño tivemos o pracer de recibir a visita de Baldomero Iglesias Dobarrio, quen nos acompañou nunha xornada moi especial arredor da tradición oral e musical galega.

Durante o encontro presentou o seu libro Catálogo do cantar de cego galego: Voandeiras, unha obra de grande valor para o coñecemento, estudo e conservación desta manifestación cultural tan característica da nosa tradición. A través da súa intervención, as persoas asistentes puideron achegarse á historia dos cantares de cego, á súa función social e á riqueza do patrimonio que representan.

A presentación estivo acompañada de animados momentos musicais no que soaron instrumentos tradicionais galegos como a gaita e as pandeiretas, creando unha atmosfera festiva e participativa que permitiu vivir de primeira man a esencia desta parte do noso legado cultural.

Agradecemos a Baldomero Iglesias a súa visita e a súa xenerosidade ao compartir connosco os seus coñecementos e experiencias. Actividades como esta contribúen a manter viva a nosa memoria colectiva e a fomentar o interese pola cultura e a música tradicional galega entre as novas xeracións.

Moitas grazas a todas as persoas que participaron nesta xornada tan enriquecedora.

Xunta de Galicia

© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na Internet polo centro educativo

Mapa do sitio - Contacto co centro - Accesibilidade - Aviso Legal

EPAPU de Teixeiro