Teacher announcements forum - Read here the latest announcements and EOI news.

Programa de voluntariado Ti que sabes facer grazas a elas?

Programa de voluntariado Ti que sabes facer grazas a elas?

par Marta Gago,
Number of replies: 0

Queres formar parte deste proxecto de transmisión interxeracional? Gustaríache compartir un saber que algunha muller do teu entorno (nai, irmá, curmá, tía, sobrinña, amiga, veciña...) che ensinou e homenaxearla e visibilizándoo e trasmitíndollo á xeracións máis novas? Ademais de practicar a túa lingua de ensino alemán, francés, galego, inglés, italiano ou portugués nun contexto real?

Non o dubides, a actividade é moi gratificante! Inscríbete neste formulario e cóntanos como podes contribuír. 

Mira a presentación que atoparás aquí: Ti que sabes facer grazas a elas? - Inscrición aberta! | EOI de Vilagarcía

De momento temos unha charla para aprender a ler en braille e acompañar a persoas cegas no seu día a día, outra para saber como facer filloas, calquera saber é válido... sempre que sexa transmitible a rapazada de infantil, primaria e secundaria.... Pénsao, Ti que sabes facer?